Eu berro, Tenue berra, todas nós berramos
A orde dos estados non tolera a desorde dos corazóns.
Fai un tempo chegounos o cartaz do evento que montaban os benqueridos seres de Abordaxe! co fin de recadar diñeiro para o novo número da revista. Trala presentación da publicación "Reflexións para un mundo sen policía", da distribuidora anarquista Polaris, e despois de gañar forzas no ceador, a xente xa estaba preparada para os anarcoconcertos que nos tiñan prometidos. Xa levabamos un tempo querendo asistir a un concerto de Tenue, coñeciamos o bandcamp e iso do emo-crust de A Guarda había que velo en directo si ou si. Iamos co medo no corpo, como naqueles tempos nos que baixabamos á festa da aldea sabendo que era común entre os cativos descubriren a maxia dos petardos cerca dos nosos pés. Screamo no Escarnio soaba a cóctel molotov dentro das orellas.
Recibíronnos con velas de cor negra, como preparándose para neutralizar o negativismo corrosivo das fillas do capitalismo. Na sala respirábase incenso, raiba e axitación. O negro das velas contivo en sí toda a nosa enerxía negativa e rebentou nun arco da vella de cores rebeldes. Daba igual que as letras non se entendesen, sabiamos que o que berraban era xusto o que queriamos escoitar.
Fixéronnos
comer area por tanto tempo... que case nos convertemos en pedra.
Pero a area
non enche e agora vomitamos tormentas.
Tenue converteuse de súpeto nunha máquina facedora de conxuros. Soaron perfecto. O meigallo rubía polas pernas, convulsionaba no estómago e buscaba a saída pola boca. O corpo non era noso. A cabeza estaba dominada polos temas da súa Demo MMXVII, que durante esta semana infernal pasearon por un bo puñado de centros sociais da parte norte da península (contando dende Madrí). Din de si mesmos que son tres rapaces do rural chorando e berrando pola destrución do capitalismo. Por iso non dudan en apoiar proxectos antiautoritarios, "tentando que o punk non sexa só outro produto de compra-venta". O seu é unha loita armada musical contra o tedio cotiá, unha búsqueda do empoderamento que logre esnaquizar a barreira de cristal que nos impide ser.
Nunha sorte de contradición co seu nome, os Tenue marcaron a pauta dunha noite áspera e escura que ía quedar no recordo. E digo isto con baleiros na memoria, porque segundo avanzaba o tempo, máis toleaba o persoal no Escarnio. Os responsables directos de tal euforia colectiva foron Fuerzas Libres del Interior, que chegaban dende Valladolid para unir forzas con Tenue na súa xira polo norte.
E nese momento, non sei, todo foi saltar, berrar, ignorar calquera tipo de vergoña, turrar na xente, beber da enerxía do grupo até quedar extasiadas, suadas e completamente liberadas das forzas do noso interior. E a cámara xa non valía para nada, nin a persoa que a suxeitaba. E unha semana e pico despois non podo facer nada por escribir algo que lles faga xustiza, só recordalo cun sorriso e volver a ler as letras da súa Demo 2016, porque son pura poesía física, xente.
Prisión reticular que nos impide ser libres, desde el día en que llegas a este mundo.
Vivir sometido bajo unos esquemas, odiando tu cuerpo sintiendo vergüenza. Los moldes que delimitan la conducta del sentido, clasifican y encasillan dominando los instintos.
Aguantando el golpe bajo iónicos contactos, una nube de energía que conecta nuestros cuerpos. Resistencias sometidas a una dosis de castigo que se basa en la defensa del orden establecido.
Atrapadas como esferas en las redes de un cristal.