top of page
Anchor 1

Manifesto

Habitantes de Compostela:

Vermes que vos mantedes desta cidade que é un morto que fede. Odiades os cambios, a vida, para envorcallarvos na rutina e na desconfianza ante o novo. É Santiago logo unha multitude de sombras inexistentes ocupadas en autodestruirse?

Que Santiago está morto son só verbas, e o noso é un chamamento á verdade. Punkostela non formará parte dunha cerimonia de autoodio e extinción. Confesemos en voz alta o cancro que roe a cultura nesta cidade, démoslle unha morte digna á inactividade, pois de que vale esta agonía prolongada? Abandonemos o escepticismo e o sarcasmo para ter así a honestidade de amosar o verdadeiro esqueleto compostelán, porque debaixo de tanto silencio esta cidade non para de bulir.

 

Nós só somos unhas paiasas ao socairo de tanta posmodernidade, unhas raparigas sen nada mellor que facer. Pero voltar a Santiago énchenos dun sentimento de veciñanza e curiosidade sobre o que temos que actuar. Supoñemos que nunca está de máis dentro do panorama cultural algunha sacudida que nos faga ver que seguimos vivos.

Máis vivos que nunca.

  • White Facebook Icon
bottom of page