top of page

Oito de marzo, machete ao machote

Hoxe é o día da muller traballadora, é oito de marzo e é día de loita, como todos os demais. Démonos conta de que acotío as redes sociais amañecen neste día cheas de mensaxes positivistas que nos fan pensar en todo o que as mulleres temos acadado nos últimos anos. E é fermoso, non imos dicir que non o é, é agradábel que nos lembren a biografía daquelas que foron semideusas e que abriron paso ás que viñemos detrás.

Mais nós decidimos que esa non é a nosa función. Como punKostela, como plataforma pensada para liberar a nosa rabia e cuspir sempre que nos pete cara á inxustiza social, viñemos hoxe aquí para vos lembrar todo o mao. Sentímolo moito, pero estamos máis á vontade nisto do labor incendiario, gozamos se cadra demasiado ao ouvirvos berrar iso de “LUME!

Andamos moito, avanzamos un chisco, pero aínda nos falta tanto, tanto para a igualdade, para a xustiza, para acadar unha sociedade feminista… Mentres aínda haxa algún paiaso a saír coa leria das denuncias falsas, nós non imos falar do guai que nos vai, senón da merda que nos cobre.

Neste senso, quixemos facer unha fermosa, gallarda, caralluda lista das nosas trinta machiruladas favoritas dos últimos tempos, para darvos a todas unha morea de argumentos por si alguén vos vén co conto de que vivimos nunha sociedade xusta, de que o feminismo xa non fai falla, de que os acosos na rúa son simpáticos piropos, de que a ver por que temos que falar con este invento da linguaxe inclusiva… de que, en definitiva, xa vivimos en igualdade.

Velaí tedes trinta casos que nos espertan unhas ganas tolas de meter petardos en cús.




1) Luciano Médez Naya, profesor de Matemáticas da Facultade de Económicas da USC a unha das súas alumnas: "desconcéntrame o ruído dos bolígrafos e o escote de María".


- Matrícula de Honra en Machismo


2) Unha oferta de traballo en Ordes pide unha camareira “guapa y un poco puta”.


- Serve unha traballadora do sexo pouco guapa?


3) O alcalde de Valladolid dende o 95 ao 2005, Javier León de la Riva: "Cada vez que veo los morritos de Leire Pajín pienso lo mismo".


4) O eurodiputado polaco Janusz Korwin-Mikke na Eurocámara: “Las mujeres deben ganar menos porque son más débiles y menos inteligentes”.


- Un porco de pé!


5) Carlos Boyero, crítico de cine no xornal El País, nun dos seus artigos: “Emma Stone no es guapa, pero sí buena actriz”.


6) Arturo Pérez Reverte, escritor murciano, na inmensa maioría dos seus artigos e no seu cheiro en xeral. “No todo el mundo es capaz de afrontar consecuencias en forma de etiqueta machista, o verse acosado por el matonismo ultrafeminista radical, que exige sumisión a sus delirios lingüísticos”.


7) Bertín Osborne, cantante e presentador dun programa noxento: “Los hombres somos inútiles en la cocina y vosotras no jugáis al fútbol”.


- Negámonos rotundamente a comentar isto.


8) O empresario sevillano Manuel Muñoz Medina abalanzouse sobre a líder de Podemos Andalucía, Teresa Rodríguez, agarrouna e fixo o xesto de bicala na boca. Máis tarde declarou: “Yo no puedo tomar alcohol y me tomé 17 copas de más”.


- Dazasete que, ho?? Xa eras parbo dabondo antes!


9) O merdiario dixital Mediterráneo e o seu artigo nauseabundo titulado Por qué las feministas son más guapas que las mujeres normales. "Las feministas son más guapas porque no hay nada más dulce que una mujer con media cabeza rapada, el flequillo cortado con hacha, dilataciones y rastas".


- Por fin algo de verdade nun xornal!


10) Santiago Abascal, presidente de VOX, no seu Twitter: “Feminismo bueno....machismo malo ¡Anda ya! Igualdad también para eso. No feministas ni machistas”.


- Sóache o que é un libro?




11) O alcalde de Carboneras (Almería), Salvador Hernández, a una concelleira socialista: “Cállese y guarde respeto cuando está hablando un hombre”.


- Nin home, nin muller. Ti es un fodemerdas de medio peito!


12) Donald Trump, de seu. Destacamos a mítica frase: “Si eres famoso puedes coger a las mujeres por el coño".


- Igualiño que un xinecólogo!


13) O obispo de Córdoba, Demetrio Fernández: “La mujer tiene una aportación específica: dar calor al hogar”.


- E aínda traballando de chemineas cobraremos menos


14) O libro da xornalista italiana Costanza Miriano “Cásate y sé sumisa”, unha iniciativa do arzobispado de Granada.


- "Cásate y ve a su misa"


15) Jorge Cremades, como ser repulsivo que fai vídeos de apoloxía á violación: “Hay más violaciones a hombres que a mujeres”.


- É que os homes van provocando...


16) Mihajlovic, adestrador do equipo de futbol de Torino: “No soy racista, pero opino que las mujeres no deberían hablar de fútbol. No son aptas”


- Fáltanos a próstata... Ai, pois non!


17) A morea de titulares dos Xogos Olímpicos de Río, podedes escoller. Eu penso que dos mellores foi o do diario El Mundo coa sua “lista de buenorras”.


18) David Pérez, alcalde de Alcorcón: “Las feministas son las mujeres amargadas y fracasadas”.



19) O programa de Ana Rosa, na sección de testemuñas: Los vecinos de los acusados de violar a una chica en San Fermín: "Son buenísimos".


- Son buenísimos, a mí nunca me violaron, ni me apuñalaron, ni me rociaron con gasolina...


20) O titular da páxina Infobae: “Messi, Higuaín y una mujer, candidatos al mejor gol del año en Europa”.


21) Francisco Marhuenda, xornalista na cousa esa, La Razón: “Gana 5.000€ al mes y se deja pegar por su marido... ¡Pero si tiene independencia!”.


- Xa, malditas mulleres que se cren Catalunya.


22) Javier Cárdenas, do programa radiofónico Levántate y Cárdenas, sobre o caso do porco da USC: “Si todas tus compañeras vienen con estos escotes, los chicos aquí no van a estudiar”.


- Os escotes son como os recortes.


23) Antonio Naranjo, comentarista en TVE, calificou a violación múltiple do San Fermín de “error ingenuo” da vítima por terse ido con cinco rapaces.


- Xa, se só foran catro, ¡pero cinco, CINCO!


24) O toureiro El Cid: “Los toros nerviosos son como las mujeres, la que se deja se deja y la que no se deja, creo que comete un error”.


- Vasme ti a falar de erros, asasino de merda?


25) As recomendacións do ministerio de interior para que non nos violen. Por exemplo: "Llevar silbato, correr las cortinas y no hacer auto-stop".


- Dende Punkostela incluímos: Só comer cebolas, non saír á rúa e coser a vaxina.


26) Alberto Ruiz-Gallardón, pepero do ministerio de xustiza até o 2014: “La maternidad libre hace a las mujeres auténticamente mujeres”.


27) Antonio Salas, maxistrado da sala civil do tribunal supremo, sobre a violencia de xénero: "Gran parte de la desigualdad histórica entre hombres y mujeres radica en la fuerza física. Si la mujer fuera más fuerte que el hombre, tal vez el problema fuera al revés".


28) José Manuel Fraga, momia galega, dixo sobre unha diputada socialista alá nos seus tempos: "Lo único interesante que exhibió esa diputada fue su escote", para despois dicir sobre este comentario que non rectificaría porque foi, segundo el, unha "simpática alusión a los atributos de la dama".



29) Jesús Ferrera, secretario de organización do PSOE de Huelva, dixo sobre a ministra de emprego, Fátima Báñez, estas fermosas verbas: "estaría mejor haciendo punto de cruz que llevando una cartera como la de empleo porque ya vemos cómo le está yendo a los españoles".


30) O grandísimo artista da musimerda Maluma, no seu temazo de merda tamén, Cuatro babys, ten no estribillo estos versos dignos do día das Letras Galegas: "Estoy enamorado de 4 babys. Siempre me dan lo que quiero. Chingan cuando yo les digo. Ninguna me pone pero".


- Son cadáveres, mamón.


Cando nos puxemos maos á obra coa investigación, comeunos a tristura e a carraxe ao toparnos co doado que foi. A morea de abusos, violencias e humillacións documentados que engolimos das noticias. Ogallá esta nosa tarefa de hoxe para reunir situacións de vergoña tivera sido máis complicada. Mais non o foi. Por iso, queremos pedirvos que engadades todas aquelas circunstancias que vos causaron rabia, xa fose a través dos medios de comunicación ou nas vosas vidas. Imos meter un cóctel molotov en todos eses cús. Machete ao machote.



Queres ver máis?
bottom of page