Punk Valentín
Un ano máis, nestas datas, os escaparates énchense dun montón de merda. Merda dun milleiro de formas: corazóns, xoias, tarxetas coloridas, bonecos de peluche… e a xente que camiña pola rúa axítase atormentada buscando a tenda que lle procure o ítem axeitado para mostrar o seu amor a esa persoa tan especial.
Manhá é un deses lamentábeis días do ano nos que, o que move realmente á xente é a obriga de facer algo, e non o xesto desinteresado cara unha persoa coa que, de forma xenuína, se quere ter un detalle, físico ou non. Para máis inri, San Valentín arrodéase dese insultante merchandising cardíaco que prolifera de xeito salvaxe, procurando encher o peto, xa groso dabondo, do capitalismo. A mercantilización do carinho é unha realidade sobradamente conhecida pola cidadanía, e a pesares diso, seguimos a caer nela, escravas da necesidade de quedar ben e trocar as mostras de amor por unha solución rápida e económica.
Por que é o poder o que di cando e a quen se agasalla? En que momento permitimos que un sentimento acadase a forma de algo saído da produción en serie, dun obxecto sen sentido, caduco e, sobre todo, impersoal. Por que carallo deixas que che imponhan necesidades que non tes?
Que é San Valentín para nós? Consumismo e merda. E ti sabes o que hai detrás del, polo tanto tamén é culpa túa.
Sabes que deberías facer por San Valentín, fodemerdas?
JICHAR, ighual que o resto do ano.