O xerme de Es un árbol no Modus Vivendi
- Jan 30, 2017
- 2 min read

Que bonito disociarte da xente e da rutina e saber que tes que escribir algo, compoñer algo, pintar algo. Estou escoitando a Es un árbol e cada canción é un acerto maior. Nun dos temas do disco "En el Parlamento", El salto de la niña rusa, comezan cun ritmo básico dilucidando sobre o fedor da vida; seguidamente unha pauta máis lenta acompaña a unha locución clara que nos recorda esta nosa situación cómica e dramática a partes iguais. A sorrisa muda á reflexión calada ata que chegamos a unha parte final na que nos deixamos levar pola abrumadora realidade. Nos últimos anos suicidáronse 1500 nenos rusos. Nenos que deberan todavía participar desa bendita inocencia temporal. O demáis é instrumental, como dándonos tempo a meditalo. Imaxinádevos o talento que hai detrás desa cadea musical. Catro músicos enredándote coas súas ramas e invitándote a construír un niño na súa árbore.
Pois non tocaron ese tema no concerto do martes. Puxéronse en plan fascistas e eliminárona do repertorio. Pero pouco importou. Comezaron quedos e pacíficos, vendéndonos un produto plácido que conxugaba perfectamente co ambiente de candea do Modus Vivendi. Pero nun momento dado liberaron ao Kraken e invocaron á Inquisición española, cando xa ninguén a esperaba. Contaron así unha historia a camiño entre os Luthiers, Corcobado y los Chatarreros de Sangre y Cielo e Chimo Bayo, que deixou ao asistentes con ganas de máis. Sabedes que? Non ten sentido seguir escribindo. O seu é rock absurdo para desfrutar escoitando e eu vivo nunha constante resaca. Botádelle un ollo ao seu bandcamp, moito mellor, comprade o disco; acudide ao seu circo, parádeos pola rúa e lamédelles a cara con cariño, sacade as vosas propias conclusións. Facede algo porque, deixando a un lado a risa e o espectáculo, Es un árbol está formado por catro grandes músicos.
Metédeme na fogueira. Tirádeme a ela mentres o pobo observa. Pero intentade que o lume teña o mesmo fervor que aquel dos bos concertos.
Es un árbol Es un árbol Es un árbol Es un árbol Es un árbol Es un árbol Es un árbol Es un árbol




















Comments